Thursday 25 de April de 2024

Trenor informou que na comaraca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo 42 cursos de AFD para formar a 630 alumnos cun investimento de máis de 1,7M€


— O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando en Cogami que este ano contou coa adxudicación dun curso cun investimento de máis de 35.400€

— Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro

— Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, visitou esta mañá aos alumnos do curso AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados) que iniciaron a súa formación nos locais de Cogami en Cabana de Bergantiños. Concretamente, están sendo formados 15 alumnos en Operacións Auxiliares en Servizos Administrativos e Xerais que conta cun apoio da Xunta de máis de 35.400 euros.

Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro. Trenor sinalou que “a través deste programa a Consellería de Emprego e Igualdade está investindo na provincia coruñesa máis de 14,5 millóns de euros para impartir 382 cursos”.

Os alumnos que participan nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnos vítimas de violencia de xénero ou con necesidades especiais, un programa que saíu publicado no Diario Oficial de Galicia (o pasado venres 29 de outubro).

O delegado territorial destacou que na área de Bergantiños Costa da Morte se están impartindo 42 cursos para formar a máis de 630 alumnos cun investimento que ascende a máis de 1,7 millóns de euros. Este tipo de formación está a celebrarse na súa maioría en empresas e entidades sen ánimo de lucro e catro deles están sendo impartidos polo Concello de Carballo. Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Esta iniciativa ten como obxectivo seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2021-2022), o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade dos alumnos.

Inserción media do 60%
A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, Así, nas últimas edicións alcanzouse un grao de inserción de preto do 60% e deles, 2 de cada 3, conseguírono nos seis primeiros meses tras a finalización do curso.

Na selección do alumnado teñen preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

CURSO AFD COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

 

AFD CONCELLO
CONCELLO ENTIDADE ESPECIALIDADE ORZAMENTO
CARBALLO CONCELLO DE CARBALLO SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG 87.960,00 €
CARBALLO CONCELLO DE CARBALLO OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS 48.960,00 €
CARBALLO CONCELLO DE CARBALLO COCIÑA 82.140,00 €
CARBALLO CONCELLO DE CARBALLO MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA 51.690,00 €
TOTAL 4 270.750,00 €
AFD ENTIDADES
CONCELLO ENTIDADE ESPECIALIDADE ORZAMENTO
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. ACTIVIDADES DE VENDA 34.092,00 €
CABANA DE BERGANTIÑOS CONFEDERACIÓN GALEGA DE MINUSVÁLIDOS (COGAMI) OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS 35.460,00 €
CARBALLO ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE EDIFICACIÓN 63.990,00 €
CARBALLO ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL CONTROL DE PROXECTOS E OBRAS DE CONSTRUCIÓN 64.455,00 €
CARBALLO ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS 52.086,00 €
CARBALLO ANTEVA SERVICIOS INFORMÁTICOS SL CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB 53.649,00 €
CARBALLO CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA CIVIL 70.267,50 €
CARBALLO CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. CORTINAS E COMPLEMENTOS DE DECORACIÓN 33.772,50 €
CARBALLO CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. CORTINAS E COMPLEMENTOS DE DECORACIÓN 33.772,50 €
CARBALLO CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. ARRANXOS E ADAPTACIÓNS DE GARANTÍAS E ARTIGOS EN TÉXTIL E PEL 36.810,00 €
CARBALLO CENTRO DE FORMACIÓN BEGUM, S.L. ARRANXOS E ADAPTACIÓNS DE GARANTÍAS E ARTIGOS EN TÉXTIL E PEL 36.810,00 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. SEGURIDADE INFORMÁTICA 46.962,00 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. SEGURIDADE INFORMÁTICA 46.962,00 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 33.751,50 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL 64.590,00 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. MERCADOTECNIA E COMPRAVENDA INTERNACIONAL 64.590,00 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
CARBALLO EINSTEIN FORMACIÓN S.L. CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 30.559,50 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 13.972,50 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. COMPETENCIA MATEMÁTICA N2 13.972,50 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N3 19.620,00 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. COMPETENCIA MATEMÁTICA N3 19.620,00 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. XESTIÓN E CONTROL DO APROVISIONAMENTO 32.700,00 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS 30.660,00 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 24.192,90 €
CARBALLO GABA FORMACIÓN, S.L. CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 30.559,50 €
LAXE NATALI ASOREY ZORRAQUIANO COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 3.990,00 €
LAXE NATALI ASOREY ZORRAQUIANO ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 38.520,00 €
LAXE NATALI ASOREY ZORRAQUIANO ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO 47.605,50 €
CEE ACERTA FORMACION SLNE COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 3.990,00 €
CEE ACERTA FORMACION SLNE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO 47.605,50 €
CEE ACERTA FORMACION SLNE CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
VIMIANZO GERIATROS S.A.U. ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 38.520,00 €
VIMIANZO LUIS FRANCISCO ROGET PÉREZ CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS 42.885,00 €
ZAS ALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTE ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN 31.792,50 €
ZAS ALFONSO MARTÍNEZ DE LA FUENTE COMPETENCIA CLAVE NIVEL 2 PARA CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE CON IDIOMA GALEGO 27.592,50 €
TOTAL 38 1.432.784,40 €
TOTAL AFD CONCELLOS + ENTIDADES 42   1.703.534,40 €